Abuso da inocencia

Por: Maribel R.

(Primeira publicación: A voz de Galicia, 27 de agosto de 2014)

 Versión en castellano en el siguiente enlace: https://voluptuosidadeslapalabra.com/2015/06/30/abuso-de-la-inocencia/

abuso de la inocencia

Teño sete anos. Non teño pai, son filla dun tortuoso destino e dor infinita. Nin teño nai, son filla do silencio, a vergoña, a ignorancia, o medo…

Hoxe quedo ao coidado de meus irmáns pequenos, e comeza todo. O momento máis escuro da miña vida. Lévame con el, non sei onde. Faime crer que é polo meu ben.

Soa, nun cotroso cuarto con cheirume a suor e tabaco. Invádeme o medo, o asco. Suor rancia, pel graxenta, mans esvaradías… apretánme! Recendos que me provocan o vómito, dor sanguenta que me proe a alma… e despois o terror das ameazas… para manterme a boca pechada.

Dende esa as mesmas imaxes latexan na miña mente por sempre. Ninguén sabe nada, mais eu pensó que deben sábelo, parece que todos me miran. Sinto vergoña, medo, dor, desesperación…

Outro día, sempre o mesmo… levántome e cando paso por alí, fico no sitio coma un bloque de xeo. Non quero volver a entrar naquel lugar. Non quero estar soa. Nunca.

Teño medo a non facer as cousas ben. Temo a que me castigue outra vez, que me zurre coa corda e que me encerre no cuarto escuro durante tanto tempo. A que lastime a miña nai con esas patadas e puñadas ata tombala no chan.

Resoan eses gritos coma coitelos afiados nos meus oídos. Xa non choro, so quero morrer… e logo a escuridade faime tolear, golpéome contra as paredes ata quedar esgotada no solo. Sinto rabia e sinto mágoa pola miña nai. Ela non fai nada, está ameazada…

Teño que argallar algo, xa pasou un ano a estou cansa. Dígolle a meu irmán o terror que estou a pasar cando polas tardes estou soa. El cre en min, quéreme moito, e limítase a vixiar… Estou alí con el. Ábrese a porta. É meu irmán que fica cos ollos coma pratos e sae correndo coma alma que leva o demo. El perségueo con ameazas. Non o alcanza… Por fin sinto un grande alivio. Presinto que xa todo se acaba.

En pouco tempo lévannos desa casa para non voltar nunca máis, queda alí, mais o dano segue en nós, no corpo, na mente marcado para sempre.

Disponible en Amazon
Pulsar imagen
Anuncio publicitario

Una respuesta a “Abuso da inocencia

  1. Pingback: Abuso de la inocencia | Voluptuosidad es la palabra

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.